- No primeiro, creamos un fondo de 400X400 píxeles. Logo engadimos catro capas de 300X300 píxeles, cun tipo de recheo de transparencia e dunha cor diferente cada unha, utilizando ''Herramienta de relleno''. Con ''Herramienta de mover'' trasladamos as catro capas de maneira que unha cubra a outra pero deixando ver unha parte. Por exemplo:
2. Nesta actividade imos aplicar diferentes modos a dúas imaxes.
Na primeira, creamos unha capa de fondo branco e, a continuación, utilizamos o modo ''Saturación''. Queda algo así:
Na segunda, duplicamos a capa e escollemos o modo ''Ennegrecer''. Para rematar imos a ''Imagen'', ''Transformar'' e ''Voltear horizontalmente''. Por exemplo:
3. Para esta imaxe temos que abrir as dúas por separado. Primeiro, co león, imos a ''Imagen'', ''Transformar'' e ''Voltear horizontalmente''. Coa outra estatua, duplicamos a capa e pasamos a orixinal xunto coa outra, mentres que, na copia, coa ''Selección rectangular'' collemos un anaco do lado esquerdo e o cortamos. Volvemos pasar a imaxe da estatua humana coa copia, desta maneira acabamos de prolongar o fondo. aplanamos a imaxe e a xuntamos coa do animal. Agora cambiamos o modo, seleccionando ''Claridad suave'', e en ''Brillo y contraste'' axustamos ao noso gusto. Por último, coa ''Herramienta de emborronado'' difuminamos a liña que quedou ao ampliar o fondo e gardamos. Por exemplo:
4. Agora imos compoñer unha imaxe. Abrimos as seis fotos con Gimp, e, sobre o fondo, neste caso o océano, pasamos primeiro os tres paxaros. Como son un pouco grandes, facemos clic co botón dereito sobre cada un deles e escalamos a capa a 130, 140 e 150 píxeles. Logo con ''Herramienta de mover'' os colocamos ao noso gusto. Por último, pasamos o texto e o seu respectivo fondo, para escalalos, deixamos visibles estes dous últimos, e despois de agrandar o texto ao tamaño do seu fondo, utilizamos ''Alineación'', na caixa de ferramentas. Unha vez feito, facemos visibles todos os elementos e situamos o texto ''El océano'' onde nos guste. Por exemplo así:
5. Nesta última actividade imos facer un gráfico sobre a obesidade e o seu aumento entre os anos 2010, 2011 e 2012. O primeiro paso é abrir as dúas imaxes das que dispoñemos. Traballaremos sobre o fondo, utilizando a ''Selección rectangular''; logo ''Editar'' e ''Limpiar; e ''Seleccionar'' e ''Ninguno''. Baixamos a opacidade e creamos guías en ''Imagen'', ''Línea guía'' e ''Línea nueva'', con valores horizontais de 320, 520 e 720; e os verticais con 220, 440, 680 e 920. A continuación, coa ferramenta do pincel debuxamos unha liña horizontal e outra vertical, dúas raias no eixe vertical e tres no horizontal. Coa ferramenta do texto escribimos os anos (2010, 2011 e 2012) e os porcentaxes (40% e 80%). Agora engadimos a outra imaxe. Como o porcentaxe de obesidade aumentou co paso dos anos, escalamos o debuxo de maneira progresiva en cada data. O resultado é algo parecido a isto: