domingo, 13 de enero de 2013

Resumo do vídeo e opinión persoal.

O vídeo "¿Estamos desnudos en Internet?" comeza cunha visión xeral do importante que é a rede nas nosas vidas hoxe en día, de maneira que os reporteiros de Cuatro deciden investigar sobre a seguridade e privacidade da que dispoñen os internautas.
A reportaxe, encabezada por Laura Gimeno, comeza coa visita a un detective, onde atopan gran parte da vida do seu xefe, tanto a nivel persoal como profesional, só sabendo o seu nome e apelidos.
A continuación, vai ao edificio de Google coa finalidade de que nos expliquen que é unha cookie, unha cadea de textos que ten como obxectivo mellorar a experiencia do usuario cando accede a unha páxina web, por iso, na maioría dos casos, os anuncios que aparecen cando nós navegamos adecúanse ao noso pretexto.
Despois, viaxa á Axencia Española de Protección de Datos, para contrastar o punto de vista de Google sobre a seguridade que temos ante a publicidade.
Tamén investiga sobre as empresas que "limpan" a nosa reputación na rede, aínda que o custo é moi elevado. Cítase cunha víctima dunha estafa por Internet nunha transferencia de diñeiro.
Logo queda coa Unidade de Delitos Telemáticos da Garda Civíl, que nos dá a coñecer que os hackers, para a xuventude son un atractivo, por iso cada vez hainos máis xoves; e a maneira de combatilos cos antivirus, os cortafogos e sobretodo a navegación responsable.
Acto seguido contacta cun hacker blanco e concretan unha cita, na que nos explica a diferenza entre hacking, romper sistemas operativos; e cracking, desprotexer programas; e as programacións de virus. Móstranos tamén diversas ferramentas de hacking, que se atopan fácilmente pola rede. Máis tarde chega un hacker negro, que nos conta as súas experiencias como tal, as dificultades, os perigos e as vantaxes que supón.
Por último, entramos nun bunquer, chamado S21sec, onde se conservan os datos máis confidenciais das grandes empresas. Laura fala cun traballador que nos conta que non fai falla ser un experto para roubar información, senón que se pode comprar todo e pagarlle a persoas para que investiguen e obter así os resultados. Unha das principais finalidades é gañar diñeiro, utilizar os ordenadores para enviar spam, etc. Tamén tratan infraestructuras críticas, é dicir, infraestructuras que utilizan a tecnoloxía e danan á sociedade. Para comprobar que as instalaións son sólidas, a empresa contrata xente que actúe como os hackers, desta maneira poderán impedir movementos que os verdadeiros intrusos vaian realizar, aínda que non de maneira definitiva.
Para finalizar a reportaxe, fala por Skype con Arturo Quirantes, que é, entre outras cousas, experto en encriptación e descifrado de mensaxes; explícanos que Sitel facilita o proceso de interceptación de comunicación, o que para a policía resulta moito máis cómodo, xa que reciben moita máis información, aínda que as solucións, ao igual que os problemas, atópanse na rede.
Remata coa conclusión de que actualmente, Internet é indispensable.

Eu penso que é moi importante saber navegar de maneira segura, xa que nunha páxina con apariencia normal, poden sacarche moitos datos e incluso estafarte sen que te decates.