miércoles, 27 de febrero de 2013

Imaxes editadas con Gimp.

Na clase editamos oito fotos que fixemos da seguinte maneira:
  • Nesta foto, o primeiro que hai que facer é elixir a selección restangular e marcala na imaxe; logo activamos a máscara rápida, buscamos a opción "ondular" nos filtros, levando a cabo a acción de maneira vertical e horizontal. Despois, na ventá ''seleccionar'' escollemos ''invertir''; facemos clic no botón de recheo e, tras elixir o tipo de recheo pulsamos en calquera parte da zona que queremos pintar. Por último, sacamos a máscara rápida e en seleccionar clicamos ''ningún''. Este é o resultado.
      
  • Para esta, seguimos un proceso similar á anterior, escollemos a selección restangular; activamos a máscara rápida; en filtros, aplicamos "ruído" e "manchar"; invertimos a parte que queremos pintar; eliximos recheo e o tipo que nos interesa; aplicámolo á imaxe; retiramos a máscara rápida e en seleccionar buscamos a opción "ningún". Como resultado:



  • Agora cambiamos de imaxe, para esta, reemprazamos a selección rectangualar pola elíptica; activamos a máscara rápida; e tomamos a opción "pixelar" dentro de "difuminar", que se encontra en filtros. O resto do proceso é o mesmo: invertimos a parte seleccionada, escollemos o recheo e o matiz desexado, sacamos a máscara rápida e pintamos o contorno marcado, sacamos a máscara rápida e seleccionamos a opción ningún. Quédanos algo así:


  • Realizamos o mesmo proceso que na anterior, pero esta vez eliximos a opción "ondas" que se atopa nos filtros, continuamos e eliximos o matiz que queremos aplicar e o proceso remata igual que os anteriores:


  • Nesta imaxe só temos que acceder a "mapa" dentro de filtros e escoller a opción "baldosas pequenas".



  • Agora imos a filtros e escollemos na sección "artísticos", "pintura ao óleo".



  • Nesta temos que experimentar en "supernova", dentro de "luces e sombras" que se atopa na ventá de filtros.



  • Por último, escollemos "repuxado", dentro de "distorsións" partindo de filtros.