domingo, 9 de junio de 2013

Eliminar objetos de una imagen.

Este ejercicio consiste en eliminar algún objeto de una imagen sin que apenas se aprecie la modificación.




Partiendo de esta fotografía original, el resultado será parecido a este:




Para conseguir este efecto, los pasos a seguir están en el enlace de esta página:


lunes, 3 de junio de 2013

Pop Art

A esta imagen le hemos hecho el efecto Pop-Art, que consistió en pixelizar la fotografía en pequeños círculos. El resultado es algo parecido a éste:




Los pasos a seguir para conseguir este efecto están en este enlace:

Imagen en blanco y negro con color.

A partir de una imagen en color, hemos creado una en blanco y negro dejando una parte en su color original. El resultado es éste:





También podemos cambiar el color del jersey en "Colores" y "Colorear". Por ejemplo:






Los pasos a seguir para conseguir estes resultados están en este enlace:

http://www.jesusda.com/blog/index.php?id=356

jueves, 30 de mayo de 2013

Eferco Andy Warhol.

En clase hemos trabajado una combinación de imágenes con diferentes colores, que se llama "Efecto Andy Warhol". La fotografía original es ésta:






Nosotros le cambiamos los colores y creamos una compuesta de cuatro imágenes. Un ejemplo es éste:



Los pasos a seguir para conseguir el efecto están en este enlace:



domingo, 26 de mayo de 2013

Fóra de límites

Neste exercicio chamado "Fóra de límites" xógase cos planos e utilízase a ilusión óptica cos marcos.
Así, na imaxe destes nenos quedan os dous das esquinas fóra do marco, mentres que a do medio está dentro. Os pasos a seguir están nesta páxina:
https://sites.google.com/site/informaticarodeira2013/trabajos-de-clase/actividadegimpforadelimites


Para estas dúas fotografías tamén hai que seguir os pasos da anterior, pero varíanse algunhas cantidades, por exemplo, a do marco. Os resultados serán parecidos a estes:



miércoles, 8 de mayo de 2013

Gimp 4

Neste apartado de Gimp estivemos traballando as formas de recortar as figuras e fixemos estas cinco actividades:

  • Na primeira actividade creei un bosque e engadinlle un automóbil, un coello e un esquilo.
Para iso, primeiro duplicamos a capa do fondo, neste caso o bosque, a continuación abrimos a ventá do coello, e seleccionamos "Tijeras inteligentes". O modo de utilización desta ferramenta consiste en ir marcando o perfil do obxecto que queremos seleccionar, e, ao estar activa, vai unindo os puntos axustándose ao contorno. Unha vez acabado o percorrido, volvemos ao primeiro punto que marcamos, e facemos clic no centro da imaxe, deste modo conseguimos a selección. Logo o copiamos (Editar, Copiar) e o pegamos (Editar, Pegar) na imaxe de fondo. En "Herramientas", "Herramientas de transformación" e "Escalar" reducimos o tamaño. Para rematar con este animal, utilizamos a ferramenta "Mover" para situálo á esquerda do camiño. A continuación, facemos o mesmo proceso co esquilo e, por último, recortamos o automóbil, reducímolo e poñémolo no camiño. Quedoume así:
 
 
 
  • Na segunda actividade, recortamos a rama coa ferramenta de selección do primeiro plano, nela, hai que marcar o contorno do obxecto que queremos seleccionar, (tendo a ferramenta activa), así como soltamos o botón esquerdo, a parte que queda fóra do contorno aparece nunha cor escura. Despois temos que pintar a figura para que a recorte con maior precisión. Por último, a copiamos e a pegamos nun fondo azul que creamos anteriormente, coas mesmas dimensións que as da imaxe da rama (600X400). O resultado é este:
 


  • No seguinte exercicio, temos que recortar o avión e pegalo na imaxe de fondo.
         Para iso botamos man de "Tijeras inteligentes" e recortamos o avión. Unha vez seleccionado, copiámolo e pegámolo no fondo laranxa. Por último, coa ferramenta de "Mover" podemos colocalo ao noso gusto. Por exemplo:



  • Neste exercicio fixemos tres figuras diferentes:
  1. Na primeira, para facer esta forma temos que utilizar a selección rectangular e a selección elíptica e unilas. Para iso, escollemos a ferramenta de selección rectangular e trazamos un cadrado; a continuación, para ligalo ao círculo, activamos a selección elíptica e no modo (que aparecen os debuxos duns cadrados), clicamos nas dúas figuras que aparecen en vermello. Desta maneira, ambas uniránse e quedaranos algo así:
 
     2. Agora faremos un círculo oco no medio. Primeiro podemos crear guías para que quede compensado en todas as direccións (Imagen - Líneas guía - Guía nueva). Os valores das guías serán 150 e 380 en vertical, e 300 e 530 en horizontal. A continuación, coa selección elíptica, trazamos un círculo apoiando os lados nas liñas das guías. Para facer á circunferencia interna, volvemos trazar guías, esta vez cos valores 200 e 330 verticais, e 350 e 480 horizontais. Antes de trazar o novo círculo, imos a modo e clicamos na terceira opción, a dos dous cadrados que exclúe únicamente a parte que teñen en común.




    3. Nesta última, teremos que combinar as selección rectangulares coas elípticas, utilizando o modo dos dous cadrados vermellos ata conseguir este resultado:



  • Para rematar as actividades, agora faremos un último montaxe. Temos que recortar a rosa, por exemplo, con "Tijeras inteligentes", copiámola e pegámola no fondo tras duplicar a capa, neste caso unha posta de sol. Como a flor está de lado, accedemos a "Herramientas", "Herramientas de transformación" e "Rotar"; e viramos a rosa ata poñela recta ( ángulo de -25,00). Se queremos podemos agrandala un pouco e quedaranos algo así:




   







domingo, 21 de abril de 2013

Gimp 3

Explicación de cinco exercicios diferentes realizados con Gimp.
  1. No primeiro, creamos un fondo de 400X400 píxeles. Logo engadimos catro capas de 300X300 píxeles, cun tipo de recheo de transparencia   e dunha cor diferente cada unha, utilizando ''Herramienta de relleno''. Con ''Herramienta de mover'' trasladamos as catro capas de maneira que unha cubra a outra pero deixando ver unha parte. Por exemplo:    
    2. Nesta actividade imos aplicar diferentes modos a dúas imaxes.
Na primeira, creamos unha capa de fondo branco e, a continuación, utilizamos o modo ''Saturación''. Queda algo así:

Na segunda, duplicamos a capa e escollemos o modo ''Ennegrecer''. Para rematar imos a ''Imagen'', ''Transformar'' e ''Voltear horizontalmente''. Por exemplo:

 

 3. Para esta imaxe temos que abrir as dúas por separado. Primeiro, co león, imos a ''Imagen'', ''Transformar'' e ''Voltear horizontalmente''. Coa outra estatua, duplicamos a capa e pasamos a orixinal xunto coa outra, mentres que, na copia, coa ''Selección rectangular'' collemos un anaco do lado esquerdo e o cortamos. Volvemos pasar a imaxe da estatua humana coa copia, desta maneira acabamos de prolongar o fondo. aplanamos a imaxe e a xuntamos coa do animal. Agora cambiamos o modo, seleccionando ''Claridad suave'', e en ''Brillo y contraste'' axustamos ao noso gusto. Por último, coa ''Herramienta de emborronado'' difuminamos a liña que quedou ao ampliar o fondo e gardamos. Por exemplo:
 
 
 4. Agora imos compoñer unha imaxe. Abrimos as seis fotos con Gimp, e, sobre o fondo, neste caso o océano, pasamos primeiro os tres paxaros. Como son un pouco grandes, facemos clic co botón dereito sobre cada un deles e escalamos a capa a 130, 140 e 150 píxeles. Logo con ''Herramienta de mover'' os colocamos ao noso gusto. Por último, pasamos o texto e o seu respectivo fondo, para escalalos, deixamos visibles estes dous últimos, e despois de agrandar o texto ao tamaño do seu fondo, utilizamos ''Alineación'', na caixa de ferramentas. Unha vez feito, facemos visibles todos os elementos e situamos o texto ''El océano'' onde nos guste. Por exemplo así:
 
 5. Nesta última actividade imos facer un gráfico sobre a obesidade e o seu aumento entre os anos 2010, 2011 e 2012. O primeiro paso é abrir as dúas imaxes das que dispoñemos. Traballaremos sobre o fondo, utilizando a ''Selección rectangular''; logo ''Editar'' e ''Limpiar; e ''Seleccionar'' e ''Ninguno''. Baixamos a opacidade e creamos guías en ''Imagen'', ''Línea guía'' e ''Línea nueva'', con valores horizontais de 320, 520 e 720; e os verticais con 220, 440, 680 e 920. A continuación, coa ferramenta do pincel debuxamos unha liña horizontal e outra vertical, dúas raias no eixe vertical e tres no horizontal. Coa ferramenta do texto escribimos os anos (2010, 2011 e 2012) e os porcentaxes (40% e 80%). Agora engadimos a outra imaxe. Como o porcentaxe de obesidade aumentou co paso dos anos, escalamos o debuxo de maneira progresiva en cada data. O resultado é algo parecido a isto: