domingo, 28 de octubre de 2012

O Samaín

Esta antiga festa coñecida como Samaín ou "Halloween" en castelán, foi descrita como unha comunión onde os espíritos dos defuntos tiñan permiso para camiñar entre os vivos entre os días 31 de outubro ao 1 de novembro. Dise que se abrían as portas entre este mundo e o máis alá, dándolle a oportunidade ás persoas de reunirse con seus antepasados falecidos.
Ten a súa orixe nunha festividade céltica, o Samhain, que significa fin de verán. Os celtas crían que coa chegada deste acontecemento, este mundo e o Outro Mundo estaban máis unidos, permitindo así pasar aos espíritos, de maneira que se facían banquetes para os benévolos, mentres que a xente se disfrazaba con traxes e máscaras para votar fóra aos malignos, coa esperanza de pasar desapercibidos como tales y non saír con danos.
O calendario celta dividía o ano en dúas metades, a metade oscura que comezaba nos meses de outubro-novembro, e a metade clara, a partir dos meses de abril-maio. O ano comezaba coa metade oscura, polo que os meses de outubro-novembro considerábanse como ano novo. Todos os meses comezaban con láu chea.
Foi practicada dende hai máis de tres mil anos polos pobos que se atopaban Europa.
No século IX a igrexa cristianizou os costumes de ir polas casas pedindo comida e preparar banquetes para os mortos, e así naceu o día de Tódolos Santos.
A partir de 1990 comezou a celebrarse en Galicia, mantendo o seu nome celta; Rafael López Loureiro, redescubriu esta tradición e comprobou que se extendía por toda a comunidade.
Actualmente, esta data é unha das máis importantes en Estados Unidos e Canadá. Outros países teñen as súas propias tradicións, pero a orixe segue a coincidir en todos os lugares.
Esta tradición chega ata os nosos días grazas ás películas nas que os nenos saen disfrazados ás rúas pedindo dulces e gominolas coa típica frase "Truco ou Trato".
Era nesta noite cando os espíritos visitaban as casas dos seus familiares, pero para que estes non lles fixeran pasar mala noite, as persoas debían colocar na ventá unha vela por cada defunto na súa familia e así pasarían o día con normalidade.
Orixinalmente, a oración Truco ou Trato, era unha antiga lenda na que un ser maligno ía polas casas das vilas pronunciando estas palabras e, debíase contestar con trato, fose cal fose o custo, porque se se dicía truco, maldicía a casa e aos seus habitantes.
Esta tradición proviña de Estados Unidos, pero ao igual que chegou a Galicia, estendeuse por outros lugares, como Escocia, Irlanda, etc.
López Loureiro tamén divulgou a tradición das cabazas e a súa relación co Samaín nos colexios, polo que cada vez hay máis lugares onde se celebra esta festa sen ser pola influencia de Estados Unidos.
Unha das cousas típicas do Samaín son as cabazas, ás que se lle fan caras e se colocan nas casas con velas dentro.
Deséxovos un feliz Samaín a todos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario