jueves, 30 de mayo de 2013

Eferco Andy Warhol.

En clase hemos trabajado una combinación de imágenes con diferentes colores, que se llama "Efecto Andy Warhol". La fotografía original es ésta:






Nosotros le cambiamos los colores y creamos una compuesta de cuatro imágenes. Un ejemplo es éste:



Los pasos a seguir para conseguir el efecto están en este enlace:



domingo, 26 de mayo de 2013

Fóra de límites

Neste exercicio chamado "Fóra de límites" xógase cos planos e utilízase a ilusión óptica cos marcos.
Así, na imaxe destes nenos quedan os dous das esquinas fóra do marco, mentres que a do medio está dentro. Os pasos a seguir están nesta páxina:
https://sites.google.com/site/informaticarodeira2013/trabajos-de-clase/actividadegimpforadelimites


Para estas dúas fotografías tamén hai que seguir os pasos da anterior, pero varíanse algunhas cantidades, por exemplo, a do marco. Os resultados serán parecidos a estes:



miércoles, 8 de mayo de 2013

Gimp 4

Neste apartado de Gimp estivemos traballando as formas de recortar as figuras e fixemos estas cinco actividades:

  • Na primeira actividade creei un bosque e engadinlle un automóbil, un coello e un esquilo.
Para iso, primeiro duplicamos a capa do fondo, neste caso o bosque, a continuación abrimos a ventá do coello, e seleccionamos "Tijeras inteligentes". O modo de utilización desta ferramenta consiste en ir marcando o perfil do obxecto que queremos seleccionar, e, ao estar activa, vai unindo os puntos axustándose ao contorno. Unha vez acabado o percorrido, volvemos ao primeiro punto que marcamos, e facemos clic no centro da imaxe, deste modo conseguimos a selección. Logo o copiamos (Editar, Copiar) e o pegamos (Editar, Pegar) na imaxe de fondo. En "Herramientas", "Herramientas de transformación" e "Escalar" reducimos o tamaño. Para rematar con este animal, utilizamos a ferramenta "Mover" para situálo á esquerda do camiño. A continuación, facemos o mesmo proceso co esquilo e, por último, recortamos o automóbil, reducímolo e poñémolo no camiño. Quedoume así:
 
 
 
  • Na segunda actividade, recortamos a rama coa ferramenta de selección do primeiro plano, nela, hai que marcar o contorno do obxecto que queremos seleccionar, (tendo a ferramenta activa), así como soltamos o botón esquerdo, a parte que queda fóra do contorno aparece nunha cor escura. Despois temos que pintar a figura para que a recorte con maior precisión. Por último, a copiamos e a pegamos nun fondo azul que creamos anteriormente, coas mesmas dimensións que as da imaxe da rama (600X400). O resultado é este:
 


  • No seguinte exercicio, temos que recortar o avión e pegalo na imaxe de fondo.
         Para iso botamos man de "Tijeras inteligentes" e recortamos o avión. Unha vez seleccionado, copiámolo e pegámolo no fondo laranxa. Por último, coa ferramenta de "Mover" podemos colocalo ao noso gusto. Por exemplo:



  • Neste exercicio fixemos tres figuras diferentes:
  1. Na primeira, para facer esta forma temos que utilizar a selección rectangular e a selección elíptica e unilas. Para iso, escollemos a ferramenta de selección rectangular e trazamos un cadrado; a continuación, para ligalo ao círculo, activamos a selección elíptica e no modo (que aparecen os debuxos duns cadrados), clicamos nas dúas figuras que aparecen en vermello. Desta maneira, ambas uniránse e quedaranos algo así:
 
     2. Agora faremos un círculo oco no medio. Primeiro podemos crear guías para que quede compensado en todas as direccións (Imagen - Líneas guía - Guía nueva). Os valores das guías serán 150 e 380 en vertical, e 300 e 530 en horizontal. A continuación, coa selección elíptica, trazamos un círculo apoiando os lados nas liñas das guías. Para facer á circunferencia interna, volvemos trazar guías, esta vez cos valores 200 e 330 verticais, e 350 e 480 horizontais. Antes de trazar o novo círculo, imos a modo e clicamos na terceira opción, a dos dous cadrados que exclúe únicamente a parte que teñen en común.




    3. Nesta última, teremos que combinar as selección rectangulares coas elípticas, utilizando o modo dos dous cadrados vermellos ata conseguir este resultado:



  • Para rematar as actividades, agora faremos un último montaxe. Temos que recortar a rosa, por exemplo, con "Tijeras inteligentes", copiámola e pegámola no fondo tras duplicar a capa, neste caso unha posta de sol. Como a flor está de lado, accedemos a "Herramientas", "Herramientas de transformación" e "Rotar"; e viramos a rosa ata poñela recta ( ángulo de -25,00). Se queremos podemos agrandala un pouco e quedaranos algo así: