- Na primeira actividade creei un bosque e engadinlle un automóbil, un coello e un esquilo.
- Na segunda actividade, recortamos a rama coa ferramenta de selección do primeiro plano, nela, hai que marcar o contorno do obxecto que queremos seleccionar, (tendo a ferramenta activa), así como soltamos o botón esquerdo, a parte que queda fóra do contorno aparece nunha cor escura. Despois temos que pintar a figura para que a recorte con maior precisión. Por último, a copiamos e a pegamos nun fondo azul que creamos anteriormente, coas mesmas dimensións que as da imaxe da rama (600X400). O resultado é este:
- No seguinte exercicio, temos que recortar o avión e pegalo na imaxe de fondo.
- Neste exercicio fixemos tres figuras diferentes:
- Na primeira, para facer esta forma temos que utilizar a selección rectangular e a selección elíptica e unilas. Para iso, escollemos a ferramenta de selección rectangular e trazamos un cadrado; a continuación, para ligalo ao círculo, activamos a selección elíptica e no modo (que aparecen os debuxos duns cadrados), clicamos nas dúas figuras que aparecen en vermello. Desta maneira, ambas uniránse e quedaranos algo así:
2. Agora faremos un círculo oco no medio. Primeiro podemos crear guías para que quede compensado en todas as direccións (Imagen - Líneas guía - Guía nueva). Os valores das guías serán 150 e 380 en vertical, e 300 e 530 en horizontal. A continuación, coa selección elíptica, trazamos un círculo apoiando os lados nas liñas das guías. Para facer á circunferencia interna, volvemos trazar guías, esta vez cos valores 200 e 330 verticais, e 350 e 480 horizontais. Antes de trazar o novo círculo, imos a modo e clicamos na terceira opción, a dos dous cadrados que exclúe únicamente a parte que teñen en común.
3. Nesta última, teremos que combinar as selección rectangulares coas elípticas, utilizando o modo dos dous cadrados vermellos ata conseguir este resultado:
- Para rematar as actividades, agora faremos un último montaxe. Temos que recortar a rosa, por exemplo, con "Tijeras inteligentes", copiámola e pegámola no fondo tras duplicar a capa, neste caso unha posta de sol. Como a flor está de lado, accedemos a "Herramientas", "Herramientas de transformación" e "Rotar"; e viramos a rosa ata poñela recta ( ángulo de -25,00). Se queremos podemos agrandala un pouco e quedaranos algo así:
No hay comentarios:
Publicar un comentario