jueves, 28 de marzo de 2013

Fondos de escritorio creados con Gimp.

Para facer un fondo de escritorio con Gimp, realizaremos os seguintes pasos:
  • Escollemos o tamaño da imaxe, neste caso é de 1280x800 píxels.
  • Na ventá "Filtros", imos a "Renderizado", e en "Nubes", "Ruído sólido". Como valores utilizamos un nivel de detalle 15 e o maior tamaño dos eixes.
  • Volvemos á ventá "Filtros", e en "Artístico", "Viñeta", un radio de máscara 5 e a porcentaxe de negro 1,000 .
  • A continuación, en "Filtros", "Desenfoque de movemento", "Acercamento", cunha lonxitude de 100 , deshabilitando a opción "Vista previa".
  • Repetimos este filtro, podemos facelo de maneira máis cómoda en "Filtros", "Repetir "Desenfoque de movemento" ".
  • Para rematar cos filtros escollemos "Distorsións" e "Remolino e aspiración", sendo o ángulo de remolinos entre 105 e 120, a cantidade de peliscos 0,01 e o radio 1.
  • De seguido, imos a "Capa", "Duplicar capa" e, tamén, a "Capas", "Transformar", "Voltear horizontal".
  • Continuamos en "Capas", e en "Modo" escollemos "Clarear solo".
  • Na miniatura das capas utilizamos a opción "Aplanar imaxe".
  • Para finalizar, imos a "Color", "Colorear" e podemos cambiar os Niveis, a Luminosidade e a Saturación.
  • Para encontrar máis información e exemplos podemos acceder ao Site da asignatura:
 https://sites.google.com/site/informaticarodeira2013/trabajos-de-clase/fondodeescritoriocongimp



Agora crearemos dous fondos máis modificando algúns valores:  

  • Nesta imaxe, seguimos os mesmos pasos ata chegar a "Ruído sólido", en "Nubes", dentro de "Renderizado"; aquí engadiremos "Nova semilla", cun nivel de detalle 11 e os eixes ao máximo.
  • En "Viñeta" ("Artístico"), utilizamos un radio de máscara 10.00 e a porcentaxe de negro 1,000 .
  • Continuamos ata chegar a "Acercamento", onde poñemos de lonxitude 50 .
  • En "Remolinos e aspiración", escollemos un ángulo de remolino de 120 e o resto dos valores os deixamos igual.
  • Por último, imos a "Colorear", cun tono de 183, a saturación de 80 e a luminosidade de 10 .


   2.
  • Neste segundo fondo, utilizaremos "Aleatorizar" e "Turbulento" en "Ruído sólido", cun nivel de detalle 8 e os eixes ao máximo.
  • En "Viñeta", insertamos un radio de máscara de 2.00 e a porcentaxe de negro de 1 .
  • No "Desenfoque de movemento" seleccionamos "Acercamento" e unha lonxitude de 15 .
  • Escollemos un ángulo de remolino de 105, a cantidade de peliscos 0,01 e o radio 1 en "Remolinos e aspiración" .
  • Por último, aplicamos un tono de 270, unha saturación de 78 e unha luminosidade de 25 en "Colorear".



No hay comentarios:

Publicar un comentario