Editaremos diferentes fotos:
- Na primeira, abrimos a imaxe, na ventá "Capas-Pinceles", na opción "Fondo", eleximos "Duplicar capa". A continuación, facemos unha selección rectangular no centro da foto; imos a "Filtros", "Luces y Sombras" e utilizamos o modo "Mosaico de cristal", pulsamos en Aceptar, e co botón dereito eliximos "Seleccionar" e "Ninguno". Por último, gardamos a imaxe en diferentes formatos: XCF (Gimp), BMP, TIFF (LZW), JPG, PNG e GIF. Desta maneira, podemos comprobar como varía o tamaño dependendo dos formatos. Así, XCF e BMP son os que máis ocupan (2,45MB e 1,62MB); e TIFF, JPG, PNG e GIF, os que menos con 902KB, 431KB, 547KB e 229KB respectivamente.
- Na seguinte actividade traballaremos con tres fotografías diferentes gardadas en diferentes formatos. A primeira está gardada en XCF e en BMP, ambas ocupan o tamaño en Megabytes (1,09MB e 1,22MB).
A segunda atópase en TIFF e en GIFF, con 294KB e 806KB respectivamente.
A terceira ocupa os formatos JPG con 315KB, e PNG con 527KB.
- Agora modificaremos unha imaxe en varios modos diferentes:
Para esta, iremos ao menú "Imagen", "Modo" e en "Indexado" escollemos "Usar paleta en blanco/negro (1 bit). nas opcións de difuminado eliximos "Ninguno" e a gardamos no formato BMP.
Na seguinte accedemos a "Imagen", "Modo" e "Escala de grises" en BMP tamén.
A continuación, imos a "Herramientas" e en "Herramientas de color" eliximos "Colorear". Despois en "Imagen", "Modo", "Indexado" seleccionamos "Generar paleta óptica" e nas opcións de difuminado, "Ninguno".
Agora, "Imagen", "Modo", "Indexado" e en "Generar paleta óptica e nº máximo de colores 10".
Por último, utilizamos "Color RGB":
- Na última actividade faremos un remostro á alza e á baixa dunha mesma imaxe:
Para facer un remostro á baixa, abrimos a imaxe en Gimp, imos a "Imagen" e a "Escalar imagen" e escollemos como anchura 150 píxeles.
No remostro á alza, seguimos os pasos anteriores pero en vez de anchura eliximos altura en 400 píxeles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario